Vivindo a III edición da Festa do Botelo na Coruña

Os máis de 250 comensais  están xa degustando os botelos desta terceira edición da Festa do Botelo na cidade da Coruña. O restaurante Mirador de San Pedro encheuse de seguidores do embutido rei do inverno valdeorrés.

Despois da sopa de cocido e da empanada de “maravallas”, chegou o momento de Don Botelo acompañado coma sempre polos cachelos e a verdura. Os viños presentes nesta edición son os godellos de Godeval e D´Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno.  A comida aínda se alongará coa sobremesa a base de bica e torta de roxóns e coa música para o fin de festa.

 

 

IMG-20160220-WA0000 IMG-20160220-WA0001 IMG-20160220-WA0002 IMG-20160220-WA0003 IMG-20160220-WA0004 IMG-20160220-WA0005 IMG-20160220-WA0006 IMG-20160220-WA0007

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará