Dispoñibles as entradas para o espectáculo Menú da Noite e o día 16 poranse á venda as entradas para a comida do botelo
A Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco anuncia que hoxe xa están á venda as entradas para asistir ao espectáculo “Menú da Noite” o día 22 no Teatro Lauro Olmo. As 250 entradas están dispoñibles na tenda Ton y Son de música e o día do espectáculo, unha hora antes da actuación, na billeteira do teatro. O actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila comezarán a súa actuación ás 19 horas e a entrada custa 10 €/persoa.
Por outra banda dende o concello tamén notifican que o luns día 16 de xaneiro poranse á venda as entradas para a comida do botelo. Este ano como novidade haberá 200 entradas máis á venda e tamén se limitará a compra de entradas por cada persoa. Nesta ocasión para intentar cubrir a demanda crecente de asistencia a esta festa, increméntase en 200 entradas máis ata chegar ás 1150 entradas (950 á venda no 2016) e cada comprador só poderá adquirir 20 entradas.
O luns 16 de xaneiro abrirase a venda de entradas para a comida do botelo ás 17 horas na billeteira do Teatro Lauro Olmo do Barco. O prezo é de 15€/persoa.
-Venda de entradas XVII Festa do Botelo
Prezo: 15 €/persoa
Número de entradas á venda: 1150
Hora: 17 horas
Lugar de compra das entradas: Billeteira do Teatro Lauro Olmo
Número de entradas por persoa: MÁXIMO 20 ENTRADAS
Os grupos que queiran sentarse xuntos durante a comida terán que comunicalo no momento da retirada das entradas.
Dónde se pueden comprar las entradas? Por internet se puede?
Desde la organización de la fiesta sentimos comunicarte que no están a la venta a través de Internet y que solo se pueden adquirir en la taquilla del Teatro Lauro Olmo a partir del lunes 16.
Lamentamos las molestias.
Un saludo. Esperamos verte en la fiesta.