O concerto do Botelo trae a Milladoiro ao Barco este venres

O concerto do Botelo trae a Milladoiro ao Barco este venres

As entradas están á venda na tenda de música Ton y Son na vila barquense. O seu prezo é de 10 euros e tamén poderán comprarse  o propio venres, día 17, antes do concerto na billeteira do teatro Lauro Olmo. A actuación comezará ás 21 horas e será o concerto da Festa do Botelo. Unha nova actividade creada para esta edición. O coñecido grupo de música tradicional galega presenta o seu último disco.

O programa Degustar España de RNE5 sobre o botelo listo para escoitar en internet

O programa Degustar España de RNE5 sobre o botelo listo para escoitar en internet

O programa emitiuse en directo dende o Teatro Lauro Olmo o Sábado día 11 de Xaneiro ás 12 horas. Nel participaron o alcalde de O Barco, Alfredo García, a cociñeira da festa do botelo, Otilia Docampo e o presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras, José Luis García Pando. O programa dedicouse íntegramente á XX Festa do Botelo.

Podedes escoitar o programa na sección multimedia premendo na imaxe.

O terceiro blogtrip do botelo ábrese a terras madrileñas

O terceiro blogtrip do botelo ábrese a terras madrileñas

Este fin de semana a “boteloneta” porase en marcha para recorrer O Barco e diversos puntos da comarca de Valdeorras para dar a coñecer o botelo a xornalistas e expertos gastronómicos. Este ano estarán por terras do botelo xornalistas que traballan en medios de comunicación en Madrid e tamén profesionais galegos. O obxectivo desta actividade do programa da Festa do Botelo é a promoción e comunicación en redes sociais e medios de comunicación do produto Botelo de O Barco e o seu entorno turístico-cultural. A actividade realizarase este fin de semana, anterior á XX Festa do Botelo do Barco, para promover o seu coñecemento e que o público se achegue á vila, a fin de semana que ven, a degustar o produto nos restaurantes e que disfruten do ambiente festivo coa comida, os actos e os cantos de taberna, etc. Ademais aproveitarase para a promoción turística e cultural da vila barquense e da comarca en xeral. Este ano a novidade é o inicio da promoción do botelo na capital de España para espertar o gusto por este produto de cara a futuras accións en Madrid.

Programa da actividade previsto

Sábado, 11 de xaneiro

11 horas: Inicio da actividade. Presentación dos participantes e benvida.

12 horas: Emisión en directo programa Degustar España de RNE5 no Teatro Lauro Olmo con Manuel Moraga como director e presentador. Entrada gratuíta para todos os interesados en ver como se emite o programa.

13 horas: Visita á adega ROANDI da vila barquense.  Roandi é a encargada do viño da Festa do Botelo e unha das adegas da DO Valdeorras asentadas na vila barquense.

14,30 horas: Comida no restaurante Casa Galaica. Presentación do produto e degustación do Botelo.

18 horas: Paseo polo entorno de Xagoaza e visita á “Cova dos Monxes” de Bodegas Godeval.

20:30 horas: Ruta polos bares da vila barquense coa ruta de pinchos “o barco vai de pinchos”.

Domingo, 12 de xaneiro

10 horas: Almorzo de intercambio de opinións e resolución de dúbidas.

11 horas: Visita á empresa de elaboración do botelo en Viana do Bolo: Embutidos García Marcos. Explicación da súa elaboración na propia empresa e contando todo o proceso de secado e afumado.

12:30 horas: despedida da actividade

PERIODISTAS, BLOGUEIROS E COMUNICADORES ASISTENTES DE MADRID E GALICIA

MANUEL MORAGA

Periodista freelance e experto en viños.

Realiza dende o 2018 como director e presentador o programa semanal “Degustar España” en RNE5 no que se fala durante 30 minutos sobre a gastronomía no territorio español e o turismo.

Académico das Artes Escénicas de España

ANA BELÉN TORIBIO

Xornalista a e sumiller titulada.

Directora de www.gastroystyle.com

Membro de Asociación da Prensa de Madrid (APM), membro da Asociación Madrileña de Sumilleres (AMS), membro da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño (AEPEV), Ambassador da Academia da Tapa. Sherry Women.

Revista Gastroystyle e revista Restauradores en papel. Ademais de tertuliana no programa de radio de Eva Robles titulado “Todos en Libertad” en Libertad FM.

https://www.gastroystyle.com/ Máis de 1.236.000  visitas e as súas redes sociais.

OSCAR CHECA

Periodista freelance en RNE5 co programa “Escapadas” e en outras publicacións como a revista Origen.

Origen é unha revista sobre gastronomía, produto e turismo gastronómico, dirixida a mulleres e homes amantes da gastronomía, as viaxes e a cultura rural e gastronómica do país. É unha publicación bimestral, cunha tirada de 18.500 exemplares, distribuida tanto a cliente final como en empresas como as tendas Gourmet de El Corte Inglés, restaurantes, Paradores e aloxamentos rurais, escolas de gastronomía, así como a xefes de compras, importadores e produtores. Tratase dunha revista en papel pero as reportaxes tamén se colgan  na web.

Esta web recibe 160.000 visitas mensuais: https://www.origenonline.es/

Exemplos de reportaxes anteriores:

https://www.origenonline.es/digital/0hr6c6n_or104/mobile/index.html (Toro, páx 44 e seguintes)

https://www.origenonline.es/digital/1oq5m6a_or102/index.html (Navarra, páx 44 e seguintes)

JOSE MANUEL GARCÍA

Periodista e comunicador de redes sociais experto en gastronomía e Enoturismo. Director e presentador do programa de radio “Comer e Falar” na emisora SI Radio Galicia.

Membro activo en redes sociais co seu propio nome e a través das do programa Comer e Falar. Asistente a numerosos blogtrip en Galicia e Portugal de promoción turística.

XOANQUI AMEIXEIRAS

Experto cociñeiro galego dende fai anos. Actualmente cociñeiro do  programa “Estache bo” que se emite diariamente na TVG. Colaborador do programa “Comer e falar”.

Promotor en redes sociais de temas de gastronomía.

Este sábado poranse á venda as 1150 entradas da comida oficial do botelo

Este sábado poranse á venda as 1150 entradas da comida oficial do botelo

Este sábado, día 11, a partir das 9 da mañá, poranse á venda as 1150 entradas da XX Festa do Botelo. O lugar para facer a compra será o Teatro Lauro Olmo do Barco. Estes tíckets terán un prezo de 18 euros por persoa e cada comprador so poderá adquirir un máximo de 10 entradas. Con elas poderase asistir á comida que se celebrará o día 18 de xaneiro no pavillón polideportivo de Calabagueiros a partir das 14,30 horas.  Nese mesmo día os restaurantes da vila tamén ofrecerán botelo nos seus locais a prezos que andarán polo mesmo prezo da entrada da comida oficial.

A orquestra Aramio actuará o sábado pola tarde na Praza Andrés de Prada

A orquestra Aramio actuará o sábado pola tarde na Praza Andrés de Prada

A XVIII Festa do Botelo completa a súa programación no Día Grande coa actuación da orquestra Aramio. A música comezará a sonar ao redor das seis e media da tarde na Praza Andrés de Prada. Será o xeito de facer a dixestión  do botelo e poder empezar a festa que despois continuará nos bares coa III Foliada Cantos de Taberna.

O grupo Aramio pertence á localidade de Gondomar na provincia de Pontevedra. No seu repertorio dispón dun amplo abano de estilos musicais para todo tipo de gustos e público para pasar un bo rato divertido e agradable disfrutando coa música en directo.

A XVIII Festa do Botelo homenaxeará ao primeiro organizador da festa

A XVIII Festa do Botelo homenaxeará ao primeiro organizador da festa

O alcalde do Barco, Alfredo García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o programa completo da XVIII Festa do Botelo que se celebrará no Barco os días 20 e 21 de xaneiro. O pregoeiro deste ano será o primeiro organizador deste evento, José María Rodríguez Ramos, que cando ocupaba o cargo de Concelleiro de Cultura empezou con esta festa gastronómica. A actual concelleira, Margarida Pizcueta, destacou que “grazas a el empezou un proxecto que contou despois tamén co traballo de moita xente e hoxe estase convertindo na terceira festa gastronómica máis importante de Galicia”.  A mención de honra será novamente para unha cociñeira da vila, Manola García (Parra) , pertencente a unha familia moi ligada á cociña na comarca. O acto de pregón será o día 20 e actuará como evento de apertura da Festa do Botelo no día oficial. Outras actividades como teatro, cine, encontro de blogueiros, cantos de taberna e feira de produtos tradicionais completan o programa deste ano que xa comeza esta fin de semana.

Entre as novidades deste ano no programa está a celebración este sábado, día 13, dun novo  Blog Trip do Botelo, a segunda edición, onde 6 blogueiros e comunicadores galegos viaxarán ata a comarca para coñecer como se elabora e como sabe o botelo, ademais de coñecer a zona dende o punto de vista turístico e tamén se completará con visitas a adegas. Ademais nese mesmo día poránse á venda ás 1150 entradas para asistir á comida oficial do día 20 de xaneiro no pavillón de Calabagueiros. As entradas suben de prezo este ano e custarán 18 euros e só se poderán adquirir 10 entradas por asistente “subiuse o prezo para non ser competencia dos restaurantes e que a xente se anime a ir a eles a degustar o botelo”. A cita para a compra será finalmente na billeteira do Teatro Lauro Olmo este sábado a partir das 10 da mañá. Nun principio a previsión era vendelas no edificio do concello e pola tarde pero un cambio na axenda do alcalde obrigou a cambiar para facelo pola mañá.

A Festa do Botelo do Barco celebrarase o fin de semana do 20 e 21 de xaneiro e tal e como explicou o alcalde, Alfredo García: “ampliamos a toda a fin de semana a actividade porque queremos que a xente nos visite e deguste o botelo nos restaurantes da vila, non só o día da comida institucional do día 20 no pavillón de Calabagueiros”.  Para o rexedor barquense “a posibilidade de que a festa crece está en aumentar o número de restaurantes que poñan o botelo nos seus menús esa fin de semana”. Ademais o día 11 dará comezo a VIII edición da Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños” por bares da vila que rematará o día 21. Unha actividade organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (Aeva) e coa colaboración do Concello do Barco.

O Botelo do Barco de Valdeorras chega a Vigo por terceiro ano

O Botelo do Barco de Valdeorras chega a Vigo por terceiro ano

A terceira Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrarase este sábado, día 11 de marzo. O lugar desta nova edición será o restaurante do Hotel Coia ao igual que na celebración dos anos anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras (Ourense) está organizando esta nova festa do Botelo na cidade olívica para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, consistente no estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando un gran recoñecemento e difusión fora das terras valdeorresas.

A comida comezará ás 14:30 horas ca tradicional sopa de cocido e a típica empanada de maravallas. O prato principal terá ao botelo como protagonista e acompañado de cachelos, chourizos e verdura. Para a sobremesa haberá bica e actuación musical. A comida custa 25 € por persoa e as reservas xa se poden facer mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto.

Esta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014 celebrou o pasado día 21 de xaneiro a súa décimo séptima edición na vila do Barco. O pasado día 11 de febreiro celebrouse a IV edición da festa na Coruña e a rolda de promoción remata en Vigo este sábado.

A segunda edición dos Cantos de Taberna completan a programación da Festa do Botelo

A segunda edición dos Cantos de Taberna completan a programación da Festa do Botelo

O sábado pola tarde, despois de degustar o botelo no pavillón municipal de Calabagueiros e nos seis restaurantes que o ofrecen como menú na vila, será o momento de facerlle a dixestión a golpe de música. Seis grupos dos coñecidos como “cantos de taberna” actuarán por 12 bares do Barco para montar festa. O ano pasado foi un evento moi ben acollido e este repetirase a experiencia coa actuación de grupos do Barco, Trives, A Pobra de Brollón e Quiroga. As actuacións comezarán a partir das 7 da tarde e chegarán ata as 22:30 da noite.

Os locais que participan nesta foliada son: San Mauro, Agarimo, Pizzería O Barco, O Buraco, Veira Sil, Al Natural, Trece Catorce, La Pampa, A Cova, La Fábrica, Divino Paseo e Vinum.

O grupo Os palletas repetirá experiencia na Festa do Botelo

 

Estes grupos tamén acompañarán ao mediodía á comitiva do botelo, unha vez rematado o pregón, dende o Teatro Lauro Olmo ata o pavillón de Calabagueiros. Alí comerán e serán os encargados de amenizar a sobremesa cos seus cantos.

 

  • II FOLIADA Cantos de taberna

 

Grupos participantes

Centro Galicia (Ponferrada)
Os Palletas (Quiroga)
Píngalle o moco (A Pobra de Brollón)
Macizas Centrais (Pobra de Trives)
Corenta e chinco boys (A Pobra de Brollón)
Pándega (Valdeorras)

 

Seis restaurantes da vila barquense ofrecerán botelo esta fin de semana

Seis restaurantes da vila barquense ofrecerán botelo esta fin de semana

A XVII Festa do Botelo do Barco, declarada de interese turístico galego, está espertando moita expectación. Os visitantes e veciños están chamando aos restaurantes para reservar o menú do botelo e poder degustar así este particular embutido valdeorrés. Seis restaurantes ofrecen a posibilidade de degustalo durante esta fin de semana nos seus menús e algún deles xa está coas reservas ao completo.

Os 6 restaurantes son: Casa Galaica, Piquiño, Fernando III, Agarimo, Pulpería El Dorado e Il Piacere Gastrobar.

Os menús con botelo van desde os 15 aos 25 euros nestes establecementos e aínda hai prazas dispoñibles para reservar. Unha das funcións desta festa, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, e impulsar o consumo deste embutido nos restaurantes e que haxa festa en todas as partes do pobo o día do Botelo.