Seis restaurantes da vila barquense ofrecerán botelo esta fin de semana

A XVII Festa do Botelo do Barco, declarada de interese turístico galego, está espertando moita expectación. Os visitantes e veciños están chamando aos restaurantes para reservar o menú do botelo e poder degustar así este particular embutido valdeorrés. Seis restaurantes ofrecen a posibilidade de degustalo durante esta fin de semana nos seus menús e algún deles xa está coas reservas ao completo.

Os 6 restaurantes son: Casa Galaica, Piquiño, Fernando III, Agarimo, Pulpería El Dorado e Il Piacere Gastrobar.

Os menús con botelo van desde os 15 aos 25 euros nestes establecementos e aínda hai prazas dispoñibles para reservar. Unha das funcións desta festa, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, e impulsar o consumo deste embutido nos restaurantes e que haxa festa en todas as partes do pobo o día do Botelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará