Os blogueiros descubriron o botelo e a comarca de Valdeorras no II Blog Trip

150118.- O fin de semana do 13 e 14 de xaneiro organizouse o II Blog Trip do Botelo coa asistencia de 6 blogueiros e comunicadores. A visita comezou o sábado pola mañá en Viana do Bolo, coñecendo como se elaboran os 800 kilos de botelo que se degustarán na XVIII Festa do Botelo o día 20. A continuación a “boteloneta” trasladou aos invitados ata Éntoma (O Barco) para coñecer e degustar os viños dunha das adegas do Concello barquense do que se degusta o seu viño co botelo na festa. O punto central da visita era comer o botelo nun restaurante da vila e rematar cun paseo polo entorno de Xagoaza para facer a dixestión. Xa pola noite non puideron faltar os pinchos da Ruta “O Barco vai de viños” para poñerlle fin a un día con moito contido.

Os blogueiros e comunicadores que participaron este ano foron:

BLOGUEIROS BOTELO 2018

1- Jose Arnoso: www.turvegal.com  e www.paseargalicia.com.

2.-Chus Nenalinda. Blog: siguiendoanenalinda.blogspot.com (Valdeorras)

3-Anabel Otero: www.murmullosentremaletas.wordpress.com  

4-Emilio Vila: www.cocinaandgo.blogspot.com

5-Jesus Hermida Iglesias. Blog: www.viajerosnosotros.com

6-Emilia Santiago Blanco. Blog: www.cousasdemilia.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará