O programa da TVG, Aquí Galicia, emitirá en directo dende a Festa do Botelo

O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo este magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña dende a Praza Andrés de Prada. Os espectadores  coñecerán un pouco máis de O Barco a través de reportaxes sobre a súa gastronomía e lugares de interese turístico. Os asistentes ao programa terán ademais música en vivo coa actuación da orquestra Olympus. As agrupacións barquenses Son do Sil, a Banda de Música do Barco e a Banda de Gaitas da vila tamén actuarán en directo no programa.

Lugar: Praza Andrés de Prada

Hora de inicio da emisión: 16 horas

CONTIDOS:

  1. Orquestra Olympus.
  2. O grupo de música e canto Son do Sil, do Barco de Valdeorras.
  3. Banda de Música do Barco de Valdeorras.
  4. Banda de Música e Gaitas do Barco de Valdeorras.
  5. Baile tradicional Arume de Queiruga, de Quiroga.
  6. No apartado gastronómico haberá:
    1. Por unha banda unha mesa con botelo, androlla e pigureiro.
    2. Lacón con grelos e cabrito asado.
    3. E, por último, unha selección de produtos artesáns de panadería típicos da zona coma a Empanada de Maravallas a Empanada de Costrelas ou a Torta de Roxóns.
  7. Para coñecer mellor o concello e a comarca haberá vídeos dedicados a:

-“Ruta do Viño”: O Barco capital da D.O. do Viño de Valdeorras.

-“Aventuras”: turismo de aventuras facendo rafting, escalada ou baixada de augas bravas polo Sil.

-“Deportes”: O Barco de Valdeorras é unha potencia tanto en atletismo, coa Milla Urbana, coma en fútbol, co C.D. O Barco que está en Terceira División, ou en natación, coa Baixada Internacional do Sil.

-“Natural”: Ecoturismo pola comarca.

-“Turismo”: Xoias turísticas da comarca.

-“Canteiras e Pizarra”. Coa Asociación Galega de Pizarristas visitan unha canteira, unha fábrica e un almacén para saber máis acerca do motor económico da zona.

 

  1. Estarán tamén nos postos de venda que haberá na praza Andrés de Prada (onde estará ubicada a carpa do programa): mel, bicas, botelos, embutidos, etc.
  2. E farán directos dende o pavillón de Calabagueiros onde se celebrará o xantar que reunirá a máis de 1300 persoas que degustarán o Botelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará