O cartel do botelo deseñado por Luis Davila presente nas rúas do Barco

O cartaz anunciando a XVI Festa do Botelo xa é visible polas rúas da vila do Barco. O deseño deste ano correu a cargo do deseñador Luis Davila “O Bichero” e amosa unha das súas personaxes habituais  cun botelo nunha fonte listo para servir. Con este deseño elaboráronse os carteis da festa e tamén a imaxe para as camisetas que se porán á venda o día da festa do botelo, o día 23, tanto no Teatro Lauro Olmo no acto de lectura do pregón como no lugar da comida, o pavillón de Calabagueiros do Barco.

Restaurante Casa Galaica

Supermercado

O autor da imaxe da Festa do Botelo deste ano, Luis Davila, como el mesmo explica, nace cun rotulador na man e crece debuxando e despois deuse conta que podería vivir diso. Estuda Deseño Gráfico e Ilustración e traballa e diferentes axencias de publicidade ata que no ano 97 entra na sección de deseño do xornal Faro de Vigo. No 2013 empeza a traballar como freelance. Dende o ano 1998 publica unha viñeta diaria  no Faro de Vigo chamada “O Bichero” e cos anos xa ten 6 libros recompilatorio dos seus traballos. Ten deseñado ademais imaxes para numerosas empresas e dende o 2014 participa xunto a Carlos Blanco no espectáculo  “Menú do día”.  Tamén ten unha faceta de pintor con máis de vinte exposicións. Conta con miles de seguidores nas redes sociais que agardan a saída dunha nova viñeta onde retrata a actualidade con retranca.

Foto Luis Davila

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará