Menús de restaurantes que ofrecen botelo esta fin de semana

Seis restaurantes da vila ofrecen no seu menú de fin de semana o botelo como prato rei. Aquí ofrecemos os menús e prezos dalgúns deles para que poidan reservar a súa mesa.

 

agarimoTAPERIA AGARIMO

Croquetas de cocido

Botelo con repolo, garavanzos, patacas e chourizos. Botelos de Embutidos Serra da Lastra.

Sobremesa variada e café

Viños: Mencía Valdouro e Godello Viña Abad

Prezo do menú: 25€/ persoa

Teléfono de reservas: 988 32 19 35

 

piquinoRESTAURANTE PIQUIÑO

Primeiros: Empanada de boletus con touciño entrefebrado, ovos  rotos con grelos e zorza, ensalada morna de orella e garavanzos.

Segundos: botelo con repolo, patacas e garavanzos; brocheta de porco celta e bacallau ao forno.

Sobremesa: Escuma de canela con fresóns ao mencía,  “torrija” caramelizada e brownie de castañas.

Viños: Godello e mencía de Valdeorras

Prezo: 20 €/persoa

Teléfono de reservas: 988 68 23 49

 

Logo Pazo JPEGPAZO DO CASTRO

Filloa gratinada de crema de botelo e grelos

Sopa de cocido

Botelo con chourizos, cachelos, verdura e garavanzos

Sorbete de pexego ao godello, bica e torta de “roxós”

Viños DO Valdeorras, café e licores

Prezo: 20 €/persoa

Teléfono de reservas: 988 34 74 23

 

Restaurante Casa GalaicaCASA GALAICA

Elixir entre primeiros: sopa de cocido, revolto de grelos e croquetas de cocido

De segundo escoller:  Botelo  ou  bacallau con repolo

Sobremesa: filloas, leite frita e torta chicharróns

Prezo: 20 €/persoa

Teléfono:  988 34 72 35

 

Tamén ofrecen no seu menú botelo estes establecementos do Barco:

 

 

  • Al Natural: 609 13 81 91

Al natural

 

  • Fernando III: 988 32 03 71

Restaurante Fernando III

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará