Festa do Botelo 2018



PROGRAMA FESTA DO BOTELO 2018

 

11 ao 21 de Xaneiro

 

VIII Ruta de pinchos O Barco Vai de Viños

 

 

13 xaneiro

 

VENDA DE ENTRADAS

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Hora: 10 horas

Número de entradas á venda: 1150

Prezo: 18 euros

Número máximo de entradas por persoa: 10 entradas

 

II Blog trip do Botelo do Barco

Actividade: Visita a unha empresa de elaboración dos botelos, dúas adegas da vila do Barco  e degustación do botelo nun restaurante da vila barquense.

Obxectivo: promoción gastronómica do botelo e tamén turística da vila barquense.

Asistentes: Blogueiros e comunicadores galegos relacionados coa gastronomía e o turismo.

 

6 BLOGUEIROS BOTELO 2018

1- Jose Arnoso: www.turvegal.com  e www.paseargalicia.com.

2.-Chus Nenalinda. Blog: siguiendoanenalinda.blogspot.com (Valdeorras)

3-Anabel Otero: www.murmullosentremaletas.wordpress.com  .Twitter e Instagram: @Dacoteroo (La Otero). (Ourense).

4-Emilio Vila: www.cocinaandgo.blogspot.com   (Vigo)

5-Jesús Hermida Iglesias. Blog: www.viajerosnosotros.com

6-Emilia Santiago Blanco. Blog: www.cousasdemilia.com.  (Pontevedra)

 

18 xaneiro

 

 

Cine Cine Club Groucho Marx

Título: Todo sobre o asado

Lugar: Teatro Lauro Olmo do Barco

Horario: 19 e 21 horas

 

 

 

19 xaneiro

 

Teatro Lauro Olmo

Título: Cranios privilexiados

Compañía Excentricas (Mofa e Befa)

Hora: 21 horas

 

20 Xaneiro

 

Día da XVIII Festa do Botelo

Festa de Interese Turístico de Galicia

-III Feira do Botelo de produtos tradicionais

Lugar: Paseo do Malecón (zona Casino)

Hora: 11-20 horas (sábado) e de 12-14 horas (domingo)

Número de stands: 23 con diferentes produtos

 

Acto lectura do pregón

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Hora: 12 horas

Pregoeiro: José María Rodríguez (Polo). Primeiro Concelleiro  de Cultura do Concello do Barco encargado da organización da Festa do Botelo na súa primeira edición, hai 18 anos.

Mención de Honra: Manola García (Parra). Cociñeira nunha das familias relacionadas coa restauración na vila do Barco. Os Parra estiveron relacionados con bares e restaurantes da vila durante moitos anos.

José María Rodríguez Ramos é o primeiro pola dereita na foto. O primeiro concelleiro en organizar a Festa do Botelo hai 18 anos.

 

Comida oficial

Lugar: Pavillón de Calabagueiros

Hora: 14:30 horas

-Fotomatón do Botelo

Lugar: Entrada do Pavillón de Calabagueiros

Hora: 17 horas

 

– Actuación do grupo Aramio

Lugar: Praza Andrés de Prada

Hora: 18:30

 

III  Foliada Cantos de taberna

Lugar: Bares do Barco

Grupos participantes: Macizas Centrais, Corenta e Chinco boys, Pingalle o Moco, Abertal grupo e  Os Palletas

Hora: 19 horas