Festa do Botelo 2017

XA PODES VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS DA FESTA DO BOTELO 2017 NA SECCIÓN “MULTIMEDIA”…

OU FAI CLICK NA IMAXE PARA ACEDER DIRECTAMENTE

ACTIVIDADES DO PROGRAMA DA FESTA DO BOTELO 2017

A XVII edición da Festa do Botelo celebrarase no Barco o día 21 de xaneiro de 2017, previamente e posteriormente, están previstas unha serie de actividades dedicadas á promoción deste evento declarado no 2014 como Festa de Interese Turístico de Galicia.

 

DOMINGO 15 DE XANEIRO

 

  • EMISIÓN do programa Come e Fala da Radio Galega

Dia de emisión: domingo,  13-14 horas

O programa Come e Fala, Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2010, trata de achegarnos un pouco máis a gastronomía, a enoloxía, os produtos e produtores, cociñeiros e cociñeiras de Galicia. Conducido por Xosé Manuel García este é o único programa  na Radio Galega, e no panorama radiofónico español, dedicado á promoción da gastronomía galega.

Empresas  que colaboran co Concello do Barco: Adega Roandi, Embutidos García Marcos, Mantesil, Ruta do Viño de Valdeorras.

 

LUNS, 16 DE XANEIRO

 

  • Venda de entradas XVII Festa do Botelo

Prezo: 15 €/persoa

Número de entradas á venda: 1150

Hora: 17 horas

Lugar de compra das entradas: Billeteira do Teatro Lauro Olmo

Número de entradas por persoa: MÁXIMO 20 ENTRADAS

Os grupos que queiran sentarse xuntos durante a comida terán que comunicalo no momento da retirada das entradas.

 

XOVES,  19 DE XANEIRO

 

Cine na Casa da Cultura

Película:  Viaxe a Italia

Cine Clube Groucho Marx

Hora:  20:30 horas.

 

SÁBADO,  21 DE XANEIRO

 

DIA  da XVII Festa do Botelo

  • Feira de produtos gastronómicos

Durante todo o sábado e o domingo na zona da PRAZA ANDRÉS DE PRADA.  Nunha carpa haberá varios postos nos que se poderán comprar diferentes produtos gastronómicos tales como mel, bicas, botelos, embutidos, etc.

Horario da feira :

-Sábado : 11 horas a 20 horas

-Domingo: 11 horas a 20 horas

  • Acto do pregón e mención de honra

Lugar: Casa da Cultura do Barco

Hora do acto: 12:30 horas.

  • Mención de honra 2016: Obdulia Fidalgo Real ( Lula A Pulpeira)
  • Pregoeiros: Actor Carlos Blanco e debuxante Luis Davila
  • Actuarán tamén neste acto: Orfeón Valdeorrés

  • Degustación do botelo

Lugar: Pavillón de  Calabagueiros

Hora: 14:30 horas

Unhas 1300 persoas degustarán o botelo con patacas e verdura acompañada por viño mencía. Este ano o viño será da adega Roandi (Éntoma) e haberá 755 kilos de botelo para degustar.

Ao mesmo tempo nos restaurantes da vila poderase degustar o botelo cos prezos que marque cada establecemento.

  • Fotomatón do botelo

Na entrada do pavillón onde estará colocado o Photocall do Botelo haberá a oportunidade de facerse unha foto e levala de recordo para a casa.

Horario: 16:30 a 18 horas

  • FESTA NA TARDE DO BOTELO
  • Orquestra na Carpa do Programa da TVG “Aquí Galicia”. Emisión en directo .

Lugar: Praza Andrés de Prada

Hora de inicio da emisión: 16 horas

O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo este magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña. Os espectadores  coñecerán un pouco máis de O Barco a través de reportaxes sobre a súa gastronomía e os seus lugares de interese turístico. Os asistentes ao programa terán ademais música en vivo.

 

  • II FOLIADA Cantos de taberna

Seis grupos musicais tocarán,  durante a tarde-noite, en 12 locais do casco urbano da vila barquense. Estes grupos estarán presentes tamén durante a comida do Botelo no pavillón de Calabagueiros.

Grupos participantes

Centro Galicia (Ponferrada)
Os Palletas (Quiroga)
Píngalle o moco (A Pobra de Brollón)
Macizas Centrais (Pobra de Trives)
Corenta e cinco boys (A Pobra de Brollón)
Pándega (Valdeorras)

Tocarán de xeito itinerante, a partir das 19 horas, nos seguintes locais: Agarimo, San Mauro, Pizzería O Barco, O Buraco, Veira Sil, Al Natural, Bar 13/14, A Pampa, A Cova, Divino Paseo, La Fábrica, Vinum.

 

DOMINGO, 22 DE XANEIRO

 

  • Espectáculo “Menú da Noite” con Carlos Blanco e Luis Davila

 

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Hora: 19 horas

Prezo: 10 €

Número de entradas: 250

Venta de entradas: Ton y Son tenda de música e media hora antes na billeteira do Teatro Lauro Olmo.

 

 

 

 

 

O BOTELO NOS RESTAURANTES E RUTA DE PINCHOS

Restaurantes e bares da vila ofrecerán botelo nos seus menús nesa fin de semana para todas aquelas persoas que queiran degustalo nos seus locais.  No folleto O Barco Vai de Pinchos (e tamén na sección Ruta de pinchos da web www.festadobotelo.es )  poden ver os lugares onde degustar o botelo tanto en pinchos coma en menús.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MATERIAL PROMOCIONAL e ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN

Cartel

O coñecido debuxante Luis Davila “O bichero” elaborou o cartel da Festa do Botelo 2016 e este ano repítese cartel por telo a el como pregoeiro. A mesma ilustración, cuns leves retoques figura na cartelería e na promoción nas redes sociais. O debuxo vai na liña das súas viñetas  que publica a diario en Faro de Vigo.

Camisetas e botellas de viño á venda no pavillón de Calabagueiros

Camisetas de cor branca  cunha ilustración feita por Luis Davila. Poranse á venda o día da Festa do Botelo no propio pavillón de Calabagueiros e tamén durante o acto do pregón na Casa da Cultura do Barco.

Prezo: 7€/camiseta

Os comensais terán un desconto de 2 €/camiseta presentando a súa entrada no momento da compra.

Este ano tamén haberá á venda botellas de viño coa etiqueta do cartel do botelo deste ano. Será o mesmo que se degustará durante a comida.

Prezo: 4 €/ botella

Páxina web e redes sociais

-Ampliación de contidos da páxina web  para promocionar a festa do botelo:  www.festadobotelo.es

-Facebook : Festa do Botelo

-Twitter: @festadobotelo

 


 

 

oficial-concello-do-barco-cartel-festa-do-botelo-2017

 

Festa do Botelo 2017