FESTA DO BOTELO DO BARCO EN VIGO

FESTA DO BOTELO DO BARCO NA CORUÑA


PROGRAMA OFICIAL XX FESTA DO BOTELO 2020
FIN DE SEMANA DO 11 e 12 de xaneiro
III BLOGTRIP DO BOTELO….ESPECIAL MADRID
Obxectivo: Promoción e comunicación en redes sociais e medios de comunicación do produto Botelo do Barco e o seu entorno turístico-cultural. A actividade farase o fin de semana anterior á XX Festa do Botelo do Barco para promover o seu coñecemento e que o público se achegue á vila na seguinte fin de semana a degustar o produto nos restaurantes e que disfrute do ambiente festeiro coa feira de produtos tradicionais, os cantos de taberna, etc. Ademais aproveitarase a promoción turística e cultural da vila barquense e da comarca en xeral. Este ano empezando a promoción do botelo na capital de España para despertar o gusto por este produto de cara a futuras acción en Madrid.
Participantes: 4 xornalistas especializados de Madrid e 2 comunicadores galegos que se desprazarán a O Barco de Valdeorras para coñecer como se elabora e sabe o Botelo do Barco.
SÁBADO 11 DE XANEIRO
VENDA DE ENTRADAS Comida Festa do Botelo
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 9 da mañá
Número de entradas á venda: 1150
Prezo: 18 euros
Número máximo de entradas por persoa: 10 entradas
PROGRAMA DE RADIO RNE 5 “ DEGUSTAR ESPAÑA” con Manuel Moraga
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 12 horas
Entrada de balde para asistir á emisión en directo do programa.

XOVES 16 DE XANEIRO
PELICULA
Titulo: La Vida de Brian
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 19 e 21 horas
Prezo: Entrada de balde

VENRES 17 DE XANEIRO
CONCERTO DO BOTELO presenta a MILLADOIRO
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 21 horas
Prezo entrada: 10 euros
No 2019 cumpren 40 anos ao servizo da música tradicional galega así como da renovación da mesma. Milladoiro formou parte da xeración de mozos pioneiros que a mediados dos anos 70 decidiu investigar e recuperar as raíces. No 2018, o grupo lanzou ‘Atlántico’, un novo traballo de natureza conceptual que abarca o contacto de Galicia coas terras do novo mundo e do norte.

SÁBADO 18 DE XANEIRO
XX FESTA DO BOTELO
Acto pregón e Mención de Honra
Lugar: Teatro Lauro Olmo
Hora: 12 horas
Pregoeiro: Avelino González (actor, contador de contos, monologuista)

Mención de Honra: Mundo do viño, Honorato López Isla (socio fundador de Bodegas Godeval).

Comida oficial da Festa do Botelo
Lugar: Pavillón de deportes de Calabagueiros
Hora: 14:30 horas

Programa da TVG Aquí Galicia
Lugar: Campo da festa, Paseo do Malecón
Hora: 16 horas
Cantos de Taberna
Lugar: bares da vila barquense
Hora: 19 horas

