Sobre o Botelo

Botelo : Indicación Xeográfica Protexida e Festa de Interese Turístico de Galicia

A Xunta, tras amparar o botelo como Indicación Xeográfica Protexida, defíneo así:“O Botelo, coñecido en algunhas zonas de Galicia como butelo, é un produto cárnico resultante da mestura de costela (mínimo 70%) e coiros de pel, magro, osos da cabeza e outros osos con carne (espiñazo e outros osos con carne nunca máis do 15%  do total), obtidos a partir de despezamentos de porco, ben adubados e embutidos en cegos, estómagos ou vexigas, tamén de porco, que posteriormente se someten a un proceso de afumado con leña de carballo e curación. O seu consumo realizase trala cocción”*. O peso do botelo é variable, oscilando entre 500 gramos e 2 quilos no caso de haber utilizado cegos e vexigas, e entre 1 e 5 quilos no caso dos estómagos. A área onde tradicionalmente se ven elaborando o botelo queda claramente determinada pola Indicación Xeográfica Protexida na zona do oriente ourensán.

Carnes adobadas para recher o botelo    O Botelo aberto presentado na mesa

*Orde de 6 de febreiro de 2009 pola que se adopta a decisión favorable en relación á solicitude de rexistro da indicación xeográfica  protexida Botelo de Galicia e se publica o seu prego de condicións. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20090212/Anuncio9506_es.pdf

Uns anos máis tarde a Axencia Turismo de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 27 de outubro do 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de outubro do 2014, polo que se declara Festa de Galicia de interese turístico: a Festa do Botelo de O Barco de Valdeorras.

– A Festa do Botelo celébrase no mes de xaneiro no concello de O Barco de Valdeorras (Ourense).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141104/AnuncioG0256-271014-0001_es.pdf

 

Diferencias entre el Botelo y el “Pigureiro”

En O Barco o nome de Botelo soamente se lle outorga ao que se elabora co estómago do porco. Outras elaboracións como o recheo da parte da tripa coñecida como “cego” dáselle o nome de pigureiro, o cal sería o máis parecido ao “botillo” berciano.