A VIII Festa do Botelo na Coruña terá que agardar

A oitava edición da Festa do Botelo na cidade da Coruña celebraríase hoxe, día 20 de febreiro, pero a pandemia pola Covid-19 fai que teñamos que agardar a que a situación mellore. Este ano non se reunirán unhas 300 persoas no restaurante Arbore da Veira no Monte de San Pedro ao igual que nas sete celebracións anteriores. Pero para todos os amantes do produto rei do inverno valdeorrés, que viven fora da comarca,  lembrámoslles que hai páxinas en internet, como www.retornoalpueblo.com, nas que poden adquirir o botelo e recibilo na súa casa. 

O Concello do Barco de Valdeorras continuará a traballar na organización dunha nova festa do botelo tanto na capital herculina como na cidade de Vigo en canto sexa posible.  Mentres tanto este ano o botelo toca degustalo na casa con todas as medidas de seguridade posibles.