A VI Festa do Botelo en Vigo pecha a tempada do Botelo

A VI Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrarase o sábado, día 7 de marzo, no Hotel Coia. Preto de 200 comensais degustarán o singular botelo acompañado de cachelos e verdura pechando así a tempada de promoción deste embutido valdeorrés fóra das súas terras de orixe. O actor, contador de contos e monologuista, Avelino González, será un dos invitados xunto con outras personalidades da cidade olívica.

A comida comezará  ás 14:00 horas con sopa e empanada de maravallas; a continuación servirase o botelo, e como sobremesa a torta de roxóns. Todo elo acompañado con viños de Valdeorras. O prezo da comida é de 28 euros por persoa. O acto pechará cunha actuación musical.

Este será o último acto promocional do botelo desta tempada. Este ano, o Concello do Barco organizou unha serie de actividades para celebrar os XX anos da Festa do Botelo do Barco e  segue traballando para dar  a coñecer o embutido rei do inverno valdeorrés, o Botelo. A Festa do Botelo é  Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014.

Todas as actividades e fotos atópanse recollidas na webwww.festabotelo.es

Para facer reservas poden chamar ao Hotel Coia de Vigo no teléfono: 986 20 18 20