Descrición da Festa

O Barco de Valdeorras celebra a “Festa do Botelo” a finais de xaneiro, un evento festivo e gastronómico que organiza o Concello do Barco  para exaltar o embutido máis singular da vila. Desde a primeira edición, en 2001, esta reunión gastronómica está precedida por un acto no que se pregoa a festa, glosando as bondades do produto, e homenaxease a algunha persoa da localidade que distinguira pola súa dedicación á gastronomía local. Co paso dos anos, a festa creceu, o que fixo necesario cambiar o seu lugar de celebración para albergar ás máis de 800 persoas que se reuniron nas últimas edicións.

Gustavo Docampo (1)_resize Gustavo Docampo (2)_resize Gustavo Docampo (5)_resize

A comida componse de botelo, acompañado de chourizos, cachelos, repolo e, como sobremesa, a torta de roxóns ou chicharrós.

O botelo elaborase co estómago do porco recheo principalmente con costela adobada e despois afumase. Este produto é o rei da gastronomía invernal na comarca. Un vello dito da vila di: “Do Mar o Mero e do Barco o Botelo” e con este lema reúnense cada ano centos de comensais para degustar este singular produto que conta con Indicación xeográfica protexida, Botelo de Galicia, dende o ano 2009 e ademais foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no 2014.

Tortas de roxóns_resize Gustavo Docampo (44)_resize Gustavo Docampo (3)_resize