7 grupos para a primeira edición dos cantos de taberna durante a Festa do botelo

Este ano a XVI Festa do Botelo terá unha actividade complementaria máis coa posta en marcha da I Foliada e Cantos de Taberna na que participarán 7 grupos musicais. A festa comezará o sábado 23, unha vez rematada a lectura do pregón do botelo,  cun pasarrúas, ao redor das 13:30 horas, dende o Teatro Lauro Olmo ata o lugar de celebración da comida do botelo no pavillón de Calabagueiros. Despois os grupos amenizarán a comida e pola tarde continuarán coa troula en 12 bares da vila. As actuacións rematarán na Praza Maior do Barco ao redor das 10 da noite. Este ano a música destas agrupacións estará entre o Casco Vello e o tramo do Paseo do Malecón máis próximo a esta zona da vila.

Cartaz cantos de taberna

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará